Sete espadas

filme de 2005 dirixido por Tsui Hark

Sete espadas (en chinés: 七劍, Qi jian) é unha película de Hong Kong, dirixida por Tsui Hark no 2005, e baseada na historia d´As sete espadas da montaña Tian (Qi Jian Xia Tian Shan). O elenco está encabezado por Donnie Yen, Leon Lai, Charlie Young e Sun Honglei. É un filme de acción ambientado na China do século XVII. Estreouse en galego na TVG o 4 de setembro de 2008.[1]

Sete espadas
Ficha técnica
Título orixinalQi jian
DirectorTsui Hark
ProdutorTsui Hark
GuiónCheung Chi-Sing
Hun Tin Naam
Liang Yusheng
IntérpretesDonnie Yen
Leon Lai
Charlie Yeung
MúsicaKenji Kawai
FotografíaKeung Kwok-Man
MontaxeAngie Lam
DistribuidoraMandarin Films Distribution Co. Ltd. (Hong Kong)
Eng Wah Cinema (Singapur)
The Weinstein Company (EUA)
EstreaHong Kong 29 de xullo de 2005
Galicia 4 de setembro de 2008 (TVG)
Duración150 minutos
Orixe Hong Kong
XéneroAcción
Na rede
IMDB: tt0429078 Filmaffinity: 339568 Allocine: 53825 Rottentomatoes: m/seven_swords Allmovie: v332995 TCM: 641834 TV.com: movies/seven-swords Netlix: 70059664Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

A dinastía Ching instaurase no imperio oriental ante unha gran revolta pola súa orixe manchú. Os focos rebeldes nacionalistas e anti-manchús que aparecen, obrigaron ao goberno a prohibir as artes marciais en todo o país. Sun Honglei (Vento de fogo), un ex oficial do exército da anterior dinastía, aproveita a oportunidade para gañar poder e atacar un enclave do norte chamado Vila Marcial. Un verdugo retirado, Fu Qingzhu, únese aos habitantes da vila para combater contra a tiranía de Sun Honglei. Para iso, viaxan até o Monte do Ceo e pídenlle axuda ao Mestre da Sombra Resplandecente.

Elenco editar

Actor Personaxe
Donnie Yen Chu Zhaonan
Leon Lai Yang Yuncong
Liu Jialiang Fu Qingzhu
Charlie Yeung Wu Yuanying
Lu Yi Han Zhibang
Sun Honglei Feng Huo Lian Cheng (Vento de Lume)
Kim So-Yeon Lüzhu (Perla Verde)
Duncan Chow Ling Weifeng (Mu Lang)
Tai Li-Wu Xin Longzi
Yu Chenghui Yue Mingke (Mestre Shadow-Glow)

Notas editar

  1. "Sete espadas na TVG". Diario Siglo XXI. 3 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2014. Consultado o 4 de setembro de 2013. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar