Sergio Mascareñas Romero
político galego
Sergio Mascareñas Romero, nado en Verín o 2 de abril de 1881, foi un xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de abril de 1881 Verín |
Morte | século XX valor descoñecido |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político , xornalista |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Pai | Agustín Mascareñas Corcuera |
Irmáns | Ramiro Mascareñas Romero |
Traxectoria editar
Fillo de Agustín Mascareñas Corcuera e irmán de Ramiro Mascareñas Romero. Foi concelleiro de Verín en 1911 e volveu ser concelleiro na ditadura de Primo de Rivera, dimitindo en novembro de 1925.[1]
Vida persoal editar
Casou en Allariz con Dolores de Puga Conde en 1915 e foi pai de Juan Manuel, Sergio, Luis, María Dolores, Antonio e María del Carmen Mascareñas Puga.
Notas editar
- ↑ El Pueblo Gallego, 14-11-1925, p. 13.