Sergio Barcia

futbolista galego

Sergio Barcia Laranxeira, nado en Vigo o 31 de decembro de 2000, é un futbolista galego que xoga como defensa central no Mirandés, da Segunda División.

Sergio Barcia
Información persoal
Nome Sergio Barcia Laranxeira
Nacemento 31 de decembro de 2000
Lugar de nacemento Vigo
Posición Defensa central
Información de club
Club actual Mirandés
Número 4
Carreira xuvenil
–2010 Club Colegio Hogar
2010–2019 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2019–2020 Celta B 0 (0)
2019–2020 Ourense CF 26 (0)
2020–2022 Recreativo Granada 47 (6)
2020–2022 Granada 2 (0)
2022–2023 Celta B 31 (1)
2018–2019 Mirandés 24 (2)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 2 de febreiro de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol no Colegio Hogar do seu Vigo natal, ingresando aos nove anos na canteira do Celta de Vigo.[1][2] Foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club, ata chegar ao equipo xuvenil, co que xogou durante tres campañas na División de Honra, proclamándose campión en dúas delas. Rematada a súa etapa como xuvenil, en agosto de 2019, saíu cedido ao Ourense CF, da Terceira División.[3] Titular indiscutible no equipo de Fran Justo, rematou segundo e disputou a promoción de ascenso á Segunda División B.[2]

Desvencellado do Celta, no verán de 2020 asinou contrato co Recreativo Granada de Segunda B.[4] O 8 de novembro debutou co primeiro equipo do Granada na Primeira División, nunha derrota por 2-0 contra a Real Sociedad, encontro ao que o seu equipo chegou moi afectado pola pandemia de COVID-19, tendo que xogar con varios futbolistas do filial.[5]

Na seguinte campaña xogou un segundo partido na máxima categoría, fronte o Celta de Vigo. Nos seus dous anos en Granada, disputou un total de 47 encontros co filial, nos que marcou 6 goles, e 3 co primeiro equipo. En xullo de 2022 regresou a Vigo para xogar co Celta B na Primeira Federación.[6] Disputou 31 partidos coa camiseta celeste, 30 deles como titular, e marcou un gol.

Antes do inicio da tempada 2023/24 asinou un contrato de dous anos co Mirandés, club da Segunda División.[7]

Notas editar

  1. "Sergio Barcia: «Jugar en el Celta sería un sueño»". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de maio de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "Sergio Barcia se despide del Celta tras diez años". La Voz de Galicia (en castelán). 24 ago 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  3. "Sergio Barcia una de las mayores promesas del RC Celta de Vigo llega cedido al Ourense CF" (en castelán). 23 de agosto de 2019. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  4. "El defensa Sergio Barcia se une al Club Recreativo Granada" (en castelán). 31 de agosto de 2020. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  5. García, Óscar (8 de novembro de 2020). "El covid se lo puso demasiado fácil a la Real Sociedad". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  6. "El Celta confirma el regreso de Sergio Barcia para jugar en el filial" (en castelán). 18 de xullo de 2022. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  7. "Sergio Barcia apuntala la zaga rojilla" (en castelán). 4 de xullo de 2023. Consultado o 2 de febreiro de 2024.