Crista de galo miúda
Crista de galo miúda | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Serapias parviflora | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Serapias parviflora' Parl. (1837) |
A crista de galo miúda, Serapias parviflora,[1]é unha planta herbácea perenne da familia Orchidaceae.
Descrición
editarTalvez se trate dunha das especies de orquídeas máis frecuentes pero que menos chaman a atención. Ten unha espiga con poucas flores dirixidas cara arriba. Estas flores caracterízanse porque o labelo é pequeno e normalmente adoita estar pegado ao ovario, coma se estivese dirixido cara atrás. Ten formas de transición con Serapias lingua, especie coa que convive e probablemente se hibrida, esta última ten o labelo moito máis longo e dirixido cara abaixo. Florece na primavera, abril-maio.[2]
Hábitat
editarVive en solos silíceos, en areais, matogueira alta, e bosques claros que deixen pasar suficiente luz.
Taxonomía
editarSerapias parviflora foi descrita por Filippo Parlatore e publicada en Giornale de Scienze, Letteratura ed Arti per la Sicilia 59: 66. 1837.[3]
Serapias: nome xenérico de orixe grega que se aplicou antigamente a unha orquídea non identificada con certeza, quizais Orchis morio. Provén dun deus exipcio chamado Serapis en cuxos templos os devotos dedicábanse aos praceres da carne. O nome que Linné asignou a este xénero quizais se debe a que a algunhas orquídeas atribúenselle efectos afrodisíacos.
parviflora: epíteto latino que significa "con flores pequenas".[4]
- Serapias laxiflora var. parviflora (Parl.) Rchb.f. (1850)
- Serapiastrum parviflorum (Parl.) A.A. Eaton (1908)
- Serapias laxiflora Rchb.f. (1850)
- Serapias columnae Aurnier (1851)
- Serapias occultata J. Gay ex Willk. (1861)
- Serapias elongata Tod. (1876)
- Serapias parviflora f. lutescens Renz (1930)
- Serapias parviflora ssp. occultata (J. Gay) Maire & Weiller (1959)
- Serapias parviflora var. lutescens (Renz) Kalop. (1981)
- Serapias mascaensis H. Kretzschmar, G. Kretzschmar & Kreutz (1993)
- Serapias parviflora ssp. mascaensis (H. Kretzschmar, G. Kretzschmar & Kreutz) Kreutz (2004
Notas
editar- ↑ Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
- ↑ Herbarivirtual
- ↑ "Serapias parviflora". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 8 de marzo de 2013.
- ↑ En Epítetos Botánicos
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Serapias de flor pequeña (Serapias parviflora) |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Orchidaceae Copia arquivada en Wayback Machine in L. Watson and M.J. Dallwitz (1992 onwards). The Families of Flowering Plants: Descriptions, Illustrations, Identification, Information Retrieval. Copia arquivada en Wayback Machine
- Catalogue of Life
- Angiosperm Phylogeny Website
- GRIN Taxonomy of Plants
- USDA
- ITIS