Choquiño bicudo

especie de molusco
(Redirección desde «Sepia orbignyana»)
Choquiño bicudo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Cephalopoda
Orde: Sepiida
Familia: Sepiidae
Xénero: Sepia
Subxénero: Rhombosepion
Especie: S. orbignyana
Nome binomial
Sepia orbignyana
Férussac, 1826
Sinonimia
  • Acanthosepion enoplon Rochebrune, 1884
  • Sepia rubens Philippi, 1844

O choquiño bicudo (Sepia orbignyana, Férussac 1826; antes Sepia rubens) é un molusco cefalópodo da familia Sepiidae, da orde Sepiida.

Morfoloxía editar

Semellante a unha xiba común, pero de menor tamaño, con talles de ata 10–12 cm [1]. O bordo superior do manto prolóngase en ángulo agudo sobre a cabeza. Posúe catro filas de ventosas nos tentáculos pero na base organízanse en dúas en forma de zigzag.

A cuncha presenta unha grande espiña apical que sobresae do extremo posterior do manto, entre as aletas.

Hábitat e distribución editar

Distribúese polo mar Mediterráneo e océano Atlántico. O espécime tipo foi capturado na costa francesa do golfo de Biscaia, e está depositado no Museo Nacional de Historia Natural de Francia en París.

Vive sobre fondos de area ou lama, a profundidades comprendidas entre os 80 e os 250 metros, sen achegarse nunca á costa.

Notas editar

  1. Segundo WORMS, 96 mm os machos e 120 mm as femias.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • RAMONELL, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia. Galaxia, Vigo 1985.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 (1977) de Verba.

Ligazóns externas editar