Separations é o terceiro álbum da banda inglesa de britpop Pulp. Gravado en 1989, publicouse tardiamente en xullo de 1992 a través do selo independente Fire Records. As cancións da segunda metade do disco son dun estilo acid house experimental, mentres que a primeira metade contén temas máis típicos de Pulp.

Separations
Álbum de Pulp
Gravaciónagosto - setembro de 1989
Estudio(s)Fon Studios, Sheffield
Duración48:41
Xénero(s)rock alternativo, pop
Selo(s)Fire Records
Producido porAlan Smyth, Pulp
Cronoloxía
Freaks Separations Intro – The Gift Recordings

O álbum foi remasterizado e reeditado en 2012 por Fire Records, xunto con It e Freaks. Esta reedición atrasouse varias veces, ao estar prevista inicialmente para o 8 de agosto do 2011, sendo o lanzamento finalmente o 13 de febreiro de 2012. Durante ese período a información sobre a remasterización dos álbums e sobre que se engadirían novos temas foi confirmada. A reedición tamén inclúe un novo libreto con notas do xornalista musical Everett True.

Listaxe de cancións editar

Todos os temas foron compostos por Pulp, todas as letras escritas por Jarvis Cocker, agás "This House is Condemned" e "Is This House?" por Russell Senior.

Cara A
N.º Título Duración
1. "Love Is Blind"   5:45
2. "Don't You Want Me Anymore?"   3:52
3. "She's Dead"   5:09
4. "Separations"   4:45
5. "Down by the River"   3:39
Cara B
N.º Título Duración
6. "Countdown"   5:07
7. "My Legendary Girlfriend"   6:51
8. "Death II"   5:36
9. "This House Is Condemned"   7:52
Cancións extra da reedición de 2012
N.º Título Duración
10. "Death Goes To The Disco" (cara-b de "Countdown") 5:42
11. "Is This House?" (cara-b de "My Legendary Girlfriend") 7:57
12. "Countdown (Extended Version)" (cara-b de "Countdown") 8:04
13. "Death Comes To Town" (do CD extra do libro Beats Working For a Living: The Story of Popular Music in Sheffield 1973-1984) 4:26