Sentido (matemáticas)

En matemáticas e física enténdese por sentido o signo positivo ou negativo nas direccións e se representa en forma de frecha nun vector. A punta da frecha ou vector indica se o gráfico, forza ou movemento na dirección é de sentido positivo ou negativo. Este sentido será positivo en:

  • Matemáticas - Depende dunha convención de signos fixada. Normalmente en xeometría plana tómase como positivo se sinala cara a arriba ou cara á dereita do punto de referencia.
  • Física - Se a forza se dirixe sen opoñerse á forza principal, obxecto de estudo ou referente.
  • Dinámica - O signo dependerá de se o estudo dinámico se fai desde unha perspectiva unicamente matemática e, por tanto, cunha convención de signos fixa, ou desde unha perspectiva física e, por tanto, relativa ao sistema de referencia que se utilice e que haberá que establecer previamente de forma clara e precisa.

Cómpre non confundir sentido con dirección, xa que as direccións sinalan unha traxectoria e teñen ambos os dous sentidos. Por exemplo, para falar correctamente no sentido físico habería que dicir o accidente produciuse na autoestrada Coruña-Santiago, sentido Coruña (e non dirección).