Abrir o menú principal

Senefand Uno

barco arrastreiro galego que afundiu fronte as costas do Senegal o 8 de febreiro de 2017

O Senefand Uno, antes chamado Senefand 1 e Rio Agueda[1], foi un barco arrastreiro galego que afundiu fronte as costas do Senegal o 8 de febreiro de 2017.[2]

Índice

O buqueEditar

O Senefand Uno, de 24 m de eslora e 7 m de manga, era un buque de pesca arrastreiro construído en 1993 nos Estaleiros São Jacinto[3] en Aveiro (Portugal). Propiedade de Senefand Senegal[4] do Grupo Profand (acrónimo da fusión de Congelados Marinos Promar e Frigoríficos Fandiño)[5], con sede en Vigo, tiña bandeira do Senegal.

O accidenteEditar

Cara ás 21:00 horas do 8 de febreiro de 2017 debido a un exceso de carga na rede, segundo relato dun dos sobreviventes[2][6], o barco escorou e pouco tempo despois afundiu. A tripulación estaba composta por once persoas: dous galegos, sete senegaleses, un caboverdiano e un guineano de Guinea-Bisau.[7] Deles oito lograron salvarse tras pasar tres días á deriva[8] e tres quedaron desaparecidos. Entre os sobreviventes estaba o galego Fernando Argibay de Moaña, xefe de máquinas, e no grupo de desaparecidos o patrón do buque, o galego Vicente Pazos de Marín, xunto a dous senegaleses.[6]

NotasEditar

  1. FleetMon, ed. (2017). "Vessel Database: Senefand Uno" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Europa Press, Santiago de Compostela (14/02/2017). La Vanguardia, ed. "Naufragio del Senefand 1: El duro trance del marinero gallego que pasó tres días en una balsa a la deriva" (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2017. 
  3. Petrov, Svilen (13/02/2017). Maritime Herald, ed. "Three seamen missing after fishing trawler Senefand I sank in Atlantic Ocean" (en inglés). Consultado o 15 de febreiro de 2017. 
  4. "Profand Grupo" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2017. Consultado o 15 de febreiro de 2017. 
  5. Cuartas, Javier (15/10/2011). La Nueva España, ed. "La asturiana Fandiño se fusiona con Promar y crea uno de los mayores grupos de congelados" (en castelán). Oviedo. Consultado o 15 de febreiro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 Mosteiro, Marga (15/02/2017). La Voz de Galicia, ed. "Fernando Argibay: «Vou pensar moito o de volver ao mar»" (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2017. 
  7. Redacción Sermos (12/02/2017). Sermos Galiza, ed. "Tres desaparecidos no afundimento en Senegal do pesqueiro galego 'Senefand I'". Consultado o 15 de febreiro de 2017. 
  8. Europa Press, Santiago de Compostela (14/02/2017). Galicia Confidencial, ed. "Como conseguiu sobrevivir durante tres días á deriva o mariñeiro galego do Senefand 1?". Consultado o 15 de febreiro de 2017. 

Véxase taménEditar