Semicuartifusa

figura musical que equivale a 1/256 do valor da redonda

A semicuartifusa é unha figura musical que equivale a 1/256 do valor dunha redonda. Dura, xa que logo, un cuarto dunha semifusa ou a metade dunha cuartifusa.

Representación gráfica editar

Represéntase por un círculo negro cunha hasta terminada por seis bandeirolas ao lado.

Uso editar

É raro encontrar esta figura nas partituras e cando se utiliza acostuma aparecer en pasaxes breves e rápidas incluídas en movementos lentos. Por exemplo, aparece nas Variacións "Je suis Lindor" de Mozart, onde se encontran catro delas na duodécima Variación.


 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.