O Gran Selo do Estado de Hawai foi establecido oficialmente polo artigo 272 da Lexislatura Territorial de 1959 e deriva do selo territorial. O deseño do escudo de Hawai, modificouse gran parte do escudo territorial. Incluíronse as palabras «State of Hawaii» («Estado de Hawai») na parte superior e «1959» dentro do círculo. A disposición dun escudo para o estado de Hawai foi promulgada polo Lexislador Territorial e ratificada polo Gobernador Quinn o 8 de xuño de 1959. A aprobación da Lei de Admisión aceptou a Hawai o 21 de agosto de 1959 como o 50º Estado dos Estados Unidos de América.

Escudo de Hawai.
Representación do escudo de armas (reinado do rei Kamehameha III).
Versión do escudo de armas adoptado máis adiante polo Reino arredor do 1850.

O escudo do Estado de Hawai é moi semellante ó selo da república, a excepción de que na parte superior hai escrito, «Territory of Hawaii» («Territorio de Hawai») e dentro do círculo, «1900» (que é o ano no que o goberno territorial se organizou oficialmente). A lexislatura Territorial de 1901 autorizou a dito escudo modificado como Escudo do Estado de Hawai.

No Escudo da República de Hawai, estaban escritas as palabras «Republic of Hawaii» («República de Hawai») na parte superior e «MDCCXCIV» dentro do círculo, que é o ano (1894) no que se estableceu a república. O Escudo da república foi deseñado polo «College of Arms» de Londres. O deseño recolle varios aspectos da heráldica do Reino de Hawai, e moitas facetas do deseño veñen do escudo de armas utilizadas durante o reinado dos reis Kamehameha III, Kalakaua e Liliuokalani.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar