Selena Rocky Malone

activista australiana


Selena "Rocky" Malone, finada en Rockhampton o 22 de maio de 2017, foi unha activista LGBT nativa australiana, con base en Brisbane.[1][2] Foi coordinadora e directora do Open Doors Youth Service (en galego, Servizo de Xuventude de Portas Abertas), e unha das fundadoras de IndigiLez, unha organización que traballa para apoiar ós aborixes LGBTQI e ós insulares do Estreito de Torres. Polo o seu activismo LGBTQI recibiu varios premios, e foi nomeada polo xuíz do Tribunal supremo de Queensland, Michael Kirby, como unha parte importante do movemento LGBTQI de Queensland.

Infotaula de personaSelena Rocky Malone
Biografía
Morte22 de maio de 2017 Editar o valor em Wikidata
Rockhampton, Australia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista Editar o valor em Wikidata

Activismo político editar

Malone comezou a súa implicación coas causas aborixes e LGBTI como Axente de Cooperación Aborixe e LGBTI dentro do Servizo de Policía de Queensland.[1] Estaba implicada en varias partes da comunidade de LGBTI australiana, incluíndo grupos comunitarios como PFLAG, Dykes on Bikes e a LGBTI Health Alliance (en galego, Alianza de Saúde do LGBTI). Foi unha das fundadoras de IndigiLez, unha organización que traballa para apoiar ós aborixes illados e ós insulares do Estreito de Torres na comunidade LGBTI.[3][2]

Durante varios anos, tamén formou parte do comité de xestión do Servizo Legal LGBTI.[4] No momento da súa morte, era a Directora Xeral e coordinadora do Open Doors Youth Service, unha organización que traballa en favor da xuventude LGBTI en risco.[5][1] Como tal, era unha parte importante da comunidade de LGBTI en Brisbane e Queensland.[6][7] Debido ao seu compromiso no Open Doors Youth Service, conseguiu o premio para o Mellor Servizo Comunitario no Festival do Orgullo de Brisbane. Tamén recibiu o premio para "Logro da Vida" postumamente no mesmo festival do Orgullo en 2017.[8]

Malone foi eloxiada polo seu activismo polas causas LGBTQI en varias ocasións.[2] En 2016, no Tribunal Supremo de Queensland, o ex-xuíz Michael Kirby nomeou a Malone especificamente cando enxalzou o traballo do Servizo Legal LGBTI.[9]

Vida persoal editar

Fóra da escena política, Malone era xogadora activa da rugby league, e participou tanto con equipos rexionais como estatais, antes de ter que retirarse debido a unha lesión no seu xeonllo.[1]

Malone faleceu en maio de 2017, a causa dun accidente cunha motocicleta en Rockhampton, Australia.[1]

Notas editar