Sehlal foi un pequeno principado amorreo das montañas do Líbano, que era vasalo de Exipto no século –XIV, cando é mencionado por primeira vez.

O príncipe de Sehlal, Yamaya, nun ataque inesperado, apoderouse do goberno de Sumur, a principal base dos exipcios en Siria, pero sen poñer en cuestión a soberanía exipcia. 25 exipcios morreron na acción, que se fixo mentres o gobernador Pahanate, estaba de viaxe en Exipto. Entón Abdi-Asirta, xefe dos apiru, unha comunidade dos amurru, aproveitou a ocasión e atacou Sumur, derrotou a Yamaya e apoderouse da cidade. Abdi-Asirta alegou que era un leal vasalo de Exipto e que ocupara Sumur para protexela do asalto de Yamaya, e que mentres este provocara 25 mortos, el salvara a vida dos 4 exipcios que estaban no palacio.

O principado foi absorbido polos apiru pouco despois, e sobre o -1330 quedou integrado no reino de Amurru, vasalo hitita.