Segmentación semántica

A segmentación semántica consiste en dividir unha imaxe dixital en varias rexións (grupos de píxeles) chamados segmentos. Máis especificamente, a segmentación é un proceso de clasificación de píxeles que asigna unha categoría a cada píxel da imaxe analizada[1].

O obxectivo da segmentación é localizar rexións significativas. A segmentación úsase tanto para localizar obxectos como para atopar os seus bordos dentro dunha imaxe. O resultado de segmentar unha imaxe é un conxunto de segmentos que cobren toda a imaxe sen superpoñerse. Pode representarse como unha imaxe de etiqueta (unha etiqueta por cada píxel) ou como un conxunto de contornos.

Exemplos de segmentación de obxectos

Aplicacións da segmentación semántica editar

Algunhas das aplicacións prácticas da segmentación de imaxes son:

As aplicacións da segmentación semántica son moitas e son clave para o desenvolvemento da intelixencia artificial. De xeito que cada día hai novos usos na segmentación de obxectos como parte da visión artificial[2].

Notas editar

  1. "Segmentación semántica". la.mathworks.com (en castelán). Consultado o 2021-02-01. 
  2. Mullany, Lila (2020-10-01). "Computer Vision on the Edge". Medium (en inglés). Consultado o 2021-02-01. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar