Detección de obxectos

A detección de obxectos é unha tecnoloxía informática relacionada coa visión artificial, intelixencia artificial e procesamento de imaxes que tenta detectar casos de obxectos semánticos dunha determinada clase (como humanos, edificios ou coches) en vídeos e imaxes dixitais [1][2]. As áreas de detección de obxectos mellor desenvolvidas inclúen a detección de rostros e a detección de persoas. A detección de obxectos ten aplicacións en moitas áreas da visión por máquina, incluíndo a recuperación de imaxes e a videovixilancia.

Detección de obxectos para cidades intelixentes

Beneficios da detección de obxectos editar

Esta tecnoloxía ten o poder de clasificar só un ou varios obxectos dunha imaxe dixital á vez.

As capacidades de detección de obxectos son un elemento clave na construción de robots capaces de desenvolver tarefas útiles en ambientes humanos xenéricos e non preparados. Utilízanse amplamente en tarefas de visión por ordenador como anotacións de imaxes, recoñecemento de actividade, detección de rostros, recoñecemento de rostros, co-segmentación de obxectos de vídeo e moito máis [3]. Tamén se usa para rastrexar obxectos, por exemplo rastrexar unha pelota durante un partido de fútbol, rastrexar o movemento dun bate de crícket ou rastrexar unha persoa nun vídeo.

Notas editar

  1. Beard, Marty. "It's Time to Focus on Computer Vision". learn.alwaysai.co (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 22 de xaneiro de 2021. Consultado o 2021-01-26. 
  2. Ganesh, Prakhar (2019-10-07). "Object Detection : Simplified". Medium (en inglés). Consultado o 2021-01-26. 
  3. "Object Recognition - an overview | ScienceDirect Topics". www.sciencedirect.com. Consultado o 2021-01-26. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar