Seceda, Seceda, Folgoso do Courel
lugar da parroquia de Seceda no concello de Folgoso do Courel
Seceda é un lugar da parroquia de Seceda, no concello lucense de Folgoso do Courel na comarca de Quiroga. Tiña 27 habitantes no ano 2020 segundo datos do INE, dos cales 14 eran homes e 13 eran mulleres.
Seceda | |
---|---|
Parroquia | Seceda |
Concello | Folgoso do Courel |
Poboación | 27 hab. (2020) |
[ editar datos en Wikidata ] |
SituaciónEditar
A aldea está sitiada na parroquia de Seceda, no concello de Folgoso do Courel. Na zona oeste do concello lucense, ao carón do concello veciño do Incio.
IntereseEditar
A aldea de Seceda foi declarada de ben de interese turístico e conxunto singular. Grazas a isto, a aldea viviu unha importante restauración que mellorou o seu antigo aspecto de abandono; varias fachadas, cubertas, escaleiras e rúas foron restauradas. En consecuencia, nos últimos dez anos, a aldea gañou 8 habitantes, representando o contrario que as aldeas da súa contorna.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de SecedaEditar
Lugares da parroquia de Seceda no concello de Folgoso do Courel (Lugo) | |
---|---|