Abrir o menú principal

Sebastian Haffner

Raimund Pretzel, que empregou o pseudónimo Sebastian Haffner, nado o 27 de decembro de 1907 en Berlín e finado o 2 de xaneiro de 1999, foi un xornalista e escritor alemán que centrou os seus escritos na historia recente do seu país.

Sebastian Haffner
Nome completoRaimund Pretzel
AlcumeSebastian Haffner
Nacemento27 de decembro de 1907
 Moabit
Falecemento2 de xaneiro de 1999
 Berlín
NacionalidadeImperio Alemán, República de Weimar, Alemaña nazi, Alemaña do Oeste e Alemaña
Alma máterUniversidade Humboldt de Berlín
Ocupaciónxornalista, escritor, historiador, autobiógrafo, presentador de televisión e xurista
Coñecido/a porThe Meaning of Hitler
PremiosGran Cruz da Orde do Mérito da República Federal de Alemaña e Johann-Heinrich-Merck-Preis
editar datos en Wikidata ]

TraxexctoriaEditar

Haffner viuse obrigado a emigrar da Alemaña nazi coa súa compañeira xudía cara Londres, onde comezou a súa carreira como xornalista e na capital británica foi tamén onde primeiro utilizou o nome de Sebastian Haffner para evitar que a súa familia, que permanecía en Alemaña, fora perseguida polos seus escritos, chegou a ser xefe de redacción de The Observer. Volveu a Alemaña en 1954 como correspondente de The Observer e colaborou decotío como columnista na prensa alemá. O seu primeiro libro foi Germany: Jekyll & Hyde que publicou en 1940 e que pretendía explicar aos ingleses o que pasaba na Alemaña nazi.