Se Acabó la Fiesta
agrupación de electores española
Se Acabó la Fiesta (SALF) é unha agrupación de electores española fundada pola personalidade das redes sociais Alvise Pérez, antigo militante de Cidadáns e UPyD, así como delegado internacional da á xuvenil dos Liberal Demócratas no Reino Unido.
Se Acabó la Fiesta | |
---|---|
Dirixentes e organización | |
Líder | Alvise Pérez |
Historia | |
Fundación | 30 de abril de 2024 |
Posicións políticas | |
Ideoloxía | Populismo Ciberpopulismo Antisistema Antipartidocracia Contrapoder Liberalismo económico |
Na rede | |
https://seacabolafiesta.com/ | |
Politicamente, SALF describiuse a si mesma como unha forza política anticorrupción, antisistema e liberal. Varios analistas políticos e medios de comunicación considérana unha agrupación populista de extrema dereita que compite con Vox. A agrupación de electores participou nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2024 en España, obtendo algo máis de 800 000 votos e tres eurodeputados.[1]
Notas
editar- ↑ "Resultados elecciones europeas 2024 - España". El País. Consultado o 9 de xuño de 2024.