As scrippelle son un prato típico italiano, característico da cociña teramana.

Scrippelle.

Características editar

Hoxe en día estanse estendendo cada vez máis en toda a rexión dos Abruzos, pero seguen a ser un elemento característico das zonas de Teramo, onde está a súa orixe. Están constituídas por sottilissime frittatine preparadas vertendo nunha tixola moi quente unha masa de fariña, auga e ovos; son moi similares ás filloas galegas ou ás crêpes francesas que, segundo algúns, de Teramo foron levadas noutrora polos seus exércitos.

Porén, as scrippelle difiren das crêpes na preparación, nos ingredientes e no uso que se fai na cociña teramana, pois pasan a ser elementos típicos para a preparación de pratos salgados, constituídos en xeral como primeiros pratos.

As scrippelle son a base de distintos pratos fundamentais da cociña teramana, entre os cales:

  • "Scrippelle mbusse", é dicir molladas, están inmersas nun lixeiro caldo de galiña despois de seren cubertas de parmesano e circulares;
  • "Timballo di scrippelle", onde se substitúe á pasta para separar as capas de ingredientes;
  • "Scrippelle in forno", as cales están recheas e cocidas en forno de maneira similar aos canelóns.

A miúdo faise referencia á "scrippelle teramane" entendendo o prato de "scrippelle mbusse", moi probablemente ligado á dificultade da forma dialectal.

Ingredientes e preparación editar

Masa:

  • 4 ovos.
  • 4 culleradas de fariña 00 .
  • 250 ml de auga.
  • 1 cullerada de aceite.

Xeralmente, a masa ten unha forma moi líquida, por iso pódese engadir se for necesario máis auga. A cocción que debe ser feita en tixolas antiadherentes ben quentes sobre lume medio, ocorre poñendo a masa cun cazo na tixola, aquí a habilidade e a destreza son un elemento esencial para facer estrender a masa de maneira uniforme e facer formar unha capa, similar a un velo. A cocción é moi rápida e require de certa habilidade para darlle a volta á scrippelle para facerlle alcanzar a cocción en ambos lados.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar