Scott Morrison

político australiano

Scott Morrison, nado en Waverley, Nova Gales do Sur o 13 de maio de 1968 é un político australiano, líder do Partido Liberal, que exerceu como primeiro ministro de Australia entre 2018 e 2022.[1] É membro da Cámara de Representantes dende 2007, representando á división de Cook en Nova Gales do Sur.

Infotaula de personaScott Morrison

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Scott John Morrison Editar o valor em Wikidata
13 de maio de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Sydney, Australia Editar o valor em Wikidata
Minister for the Public Service (en) Traducir
29 de maio de 2019 – 8 de outubro de 2021 – Ben Morton (en) Traducir →
Gabinete ministerial: Second Morrison Ministry (en) Traducir
30º Primeiro ministro de Australia
24 de agosto de 2018 – 23 de maio de 2022
← Malcolm TurnbullAnthony Albanese (pt) Traducir →
Tesoureiro de Australia
21 de setembro de 2015 – 24 de agosto de 2018
← Joe Hockey (en) TraducirJosh Frydenberg (pt) Traducir →
Minister for Social Services (en) Traducir
23 de decembro de 2014 – 21 de setembro de 2015
← Kevin Andrews (en) TraducirChristian Porter (pt) Traducir →
Minister for Immigration and Border Protection of Australia (en) Traducir
18 de setembro de 2013 – 23 de decembro de 2014
← Tony Burke (en) TraducirPeter Dutton →
Membro da Cámara de Representantes de Australia
24 de novembro de 2007 – 28 de febreiro de 2024
← Bruce Baird (en) TraducirSimon Kennedy (en) Traducir →
Circunscrición electoral: Cook (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Nova Gales do Sul (pt) Traducir
Sydney Boys High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Camberra Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal de Australia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Salario base378.415 $ Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJenny Morrison (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webscottmorrison.com.au Editar o valor em Wikidata
Facebook: scottmorrison4cook Twitter: ScottMorrisonMP Instagram: scottmorrisonmp LinkedIn: scottmorrisonmp Youtube: UC6TevPmKNJuprhRBCOpExEQ WikiTree: Morrison-17589 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Morrison naceu en Waverley, un suburbio de Sydney[2] e estudou Xeografía económica na Universidade de Nova Gales do Sur.[1] Despois de graduarse traballou no turismo, primeiro como director da Oficina de Turismo e Deporte de Nova Zelandia dende 1998 até 2000 e posteriormente converteuse no director da axencia gobernamental de promoción do turismo de Australia dende 2004 até 2006. No tempo entre ambos os postos, foi director do Partido Liberal en Nova Gales do Sur dende 2000 até 2004.[3]

Morrison foi elixido para a Cámara de Representantes nas eleccións federais de Australia de 2007. Trala vitoria da Coalición nas eleccións federais de Australia de 2013, foi designado no gabinete de Tony Abbott como ministro para a Inmigración e Protección de Fronteiras. Logo foi designado ministro de Servizos Sociais a finais de 2014. Cando Malcolm Turnbull substituíu a Abbott como primeiro ministro en setembro de 2015, Morrison foi designado ministro do Tesouro de Australia.[1]

En agosto de 2018, o primeiro ministro Malcolm Turnbull foi desafiado no seu liderado do Partido Liberal polo ministro Peter Dutton, e gañou por 48 votos a 35. As tensións internas no partido continuaron e tras unha declaración de vacancia e en ausencia dunha candidatura de Turnbull, Morrison foi elixido líder o 24 de agosto derrotando a Dutton e a Julie Bishop, e asumiu como primeiro ministro de Australia o mesmo día.[4][5]

Notas editar