Scott Hamilton

patinador artístico sobre xeo estadounidense

Scott Scovell Hamilton, nado en Bowling Green (preto de Toledo, Ohio) o 28 de agosto de 1958 é un patinador artístico retirado estadounidense. Gañou catro campionatos estadounidenses consecutivos (1981–84), catro campionatos do mundo consecutivos (1981–84) e unha medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 1984. O seu movemento estrela é un backflip, figura que poucos outros patinadores puideron realizar, xa que está contra as regras de competición olímpicas e dos Estados Unidos, mais que incluíu nas súas rutinas de exhibición como afeccionado para agradar o público e nas súas rutinas de competición profesional.[1][2] Tamén é recoñecido polas súas innovadoras secuencias de xogo de pés.[3] Trala súa retirada, involucrouse en obras de caridade e escribiu tres libros.

Infotaula de personaScott Hamilton

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de agosto de 1958 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
Bowling Green (Ohio), Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaToledo Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Bowling Green State (pt) Traducir
Bowling Green High School (en) Traducir
Hononegah Community High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpatinador artístico sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportepatinaxe artística sobre xeo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivamen's singles (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AdestradorDon Laws Editar o valor em Wikidata
Participou en
febreiro de 1984patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1984 - Individual masculino (pt) Traducir (1º)
febreiro de 1980patinação artística nos Jogos Olímpicos de Inverno de 1980 - Individual masculino (pt) Traducir (5º) Editar o valor em Wikidata

Páxina webscotthamilton.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0358156 Olympic.org: scott-hamilton WikiTree: Hamilton-16921 Editar o valor em Wikidata

Resultados editar

Internacionais
Competición 76–77 77–78 78–79 79–80 80–81 81–82 82–83 83–84
Xogos Olímpicos de Inverno 5.º 1.º
Campionatos do Mundo 11.º 5.º 1.º 1.º 1.º 1.º
Skate America 1.º 1.º 1.º
Skate Canada 1.º
NHK Trophy 4.º 1.º
Nebelhorn Trophy 2.º
Nacionais
U.S. Champ. 3.º 4.º 3.º 1.º 1.º 1.º 1.º

Vida persoal editar

Familia editar

O 14 de novembro de 2002, casou coa nutricionista Tracie Robinson. A parella ten tres fillos, Aidan McIntosh Hamilton (nado o 13 de setembro de 2003), Maxx Thomas Hamilton (nado o 21 de xaneiro de 2008),[4] e Jean Paul, e unha filla, Evelyne.[5] A familia reside en Franklin, Tennessee.[6]

Enfermidades editar

En 1997, Hamilton tivo unha batalla moi publicitada contra o cancro testicular.[7] Volveu á patinaxe tralo seu tratamento e a súa historia apareceu en revistas e na televisión.[8][9] O 12 de novembro de 2004 anunciouse que Hamilton tiña un tumor cerebral benigno, que foi tratado na Cleveland Clinic.[10]

O 23 de xuño de 2010, Hamilton foi sometido a unha cirurxía cerebral para evitar a reaparición do tumor descuberto en 2004. A cirurxía foi un éxito.[11] En 2016 anunciou que recibira o seu terceiro diagnóstico por un tumor cerebral,[12] mais a finais de marzo de 2017, afirmou que o tumor se reducira sen quimioterapia.[13]

Política editar

En 2012, Hamilton fixo aparicións públicas apoiando a campaña presidencial do republicano Mitt Romney.[14] Tamén falou en apoio de Donald Trump e apareceu nun capítulo de Celebrity Apprentice.[15][16]

Notas editar

  1. Farris, Jo Ann Schneider (23 de novembro de 2007). "Figure Skating 101: All about back flips on ice skates". icenetwork.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2018. Consultado o 18 de febreiro de 2018. 
  2. Meyers, Dvora (12 de febreiro de 2018). "No, The Backflip Was Not Banned In Figure Skating Because Of Surya Bonaly". Deadspin. Consultado o 18 de febreiro de 2018. 
  3. Shulman, Carole (2002). "Master the Move: Scott Hamilton's Footwork". The Complete Book of Figure Skating. Human Kinetics. p. 93. His footwork is legendary. His combination of turns and freestyle moves are original and, oftentimes, humorous. 
  4. Benet, Lorenzo (21 de xaneiro de 2008). "Ice Skater Scott Hamilton & His Wife Have a Boy". People. Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2014. Consultado o 04 de xaneiro de 2020. 
  5. "Scott Hamilton on adoption: 'We're blessed'". today.com. 21 de novembro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2016. 
  6. Lind, J.R. (17 de marzo de 2016). "Scott Hamilton: The Gold Medalist". Nashville Scene. Consultado o 21 de febreiro de 2018. 
  7. "Scott Hamilton". WebMD Biography. WebMD. 2012. Consultado o 18 de febreiro de 2018. 
  8. Longman, Jere (16 de setembro de 1997). "Figure Skating; His Cancer in Remission, Hamilton Is Back on Ice". New York Times. Consultado o 18 de febreiro de 2018. 
  9. Slat, Libby (15 de xaneiro de 1998). "Scott Hamilton Leads With His Heart: The Skater and His 'Stars on Ice' Get a Feeling for Expressing Emotions". Los Angeles Times. Consultado o 18 de febreiro de 2018. 
  10. "How To Skate on Thin Ice". Ability Magazine. 2008. Consultado o 3 de abril de 2012. 
  11. Oh, Eunice (24 de xuño de 2010). "Scott Hamilton Resting Comfortably after Brain Surgery". People. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2016. Consultado o 04 de xaneiro de 2020. 
  12. Nelson, Jeff. "Olympic Skater Scott Hamilton Facing Third Brain Tumor Diagnosis: 'I Choose to Celebrate Life'". PEOPLE. Consultado o 21 de outubro de 2016. 
  13. "After Months Of Rumors, Olympian Skater Scott Hamilton Finally Breaks His Silence". Qpolitical. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2018. Consultado o 04 de xaneiro de 2020. 
  14. AP (16 de outubro de 2012). "Olympic figure skater campaigns for Romney in NH". Boston.com. 
  15. People Staff (14 de novembro de 2015). "Olympic Gold Medalist Scott Hamilton Talks About Life and Lessons – Beating Cancer, Adopting Kids from Haiti and Applauding Donald Trump". People. 
  16. Bensinger, Graham (11 de xaneiro de 2017). "Scott Hamilton: I bonded with Trump over hair loss". YouTube. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar