Scolopendra gigantea
Scolopendra gigantea | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Non avaliado | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Scolopendra gigantea Linnaeus, 1758 |
Scolopendra gigantea é unha das especies de quilópodos máis grande do xénero Scolopendra, cunha lonxitude de até 30 centímetros.[1] Esta especie habita en varios sitios en América do Sur e o Caribe, onde depreda unha ampla variedade de animais, incluíndo outros artrópodos grandes, anfibios, mamíferos e réptiles.[2]
Distribución e hábitat
editarÉ unha especie orixinaria de América do Sur. Os países nos cales se verificou a presenza da especie inclúen Aruba, Brasil, Curaçao, Colombia, Venezuela (incluíndo a illa Margarita) e Trinidad.[1] Os rexistros da especie en San Tomé, Illas Virxes, Haití, a República Dominicana, México, Porto Rico e Honduras son considerados introducións accidentais.[1]
Scolopendra gigantea pode atoparse na selva tropical ou subtropical e no bosque seco tropical.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 R. M. Shelley; S. B. Kiser (2000). "Neotype designation and a diagnostic account for the centipede, Scolopendra gigantea L. 1758, with an account of S. galapagoensis Bollman 1889 (Chilopoda Scolopendromorpha Scolopendridae)". Tropical Zoology 13 (1): 159–170. doi:10.1080/03946975.2000.10531129.
- ↑ A. Arends; R. J. Márquez (2005). "Predation by giant centipedes, Scolopendra gigantea, on three species of bats in a Venezuelan cave" (PDF). Caribbean Journal of Science 41 (2): 340–346. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2010. Consultado o 16 de febreiro de 2021.