Sceloporus horridus

especie de réptil

Sceloporus horridus é unha especie de saurópsido escamoso da familia Phrynosomatidae endémica de México.

Hábitos editar

Aliméntase de pequenos artrópodos, principalmente formigas, grilos e escaravellos, polo que xogan un rol importante no control biolóxico destes insectos. Os individuos presentan unha conduta de forraxeo pasivo, é dicir, agardan a que as presas se acheguen para cazalas no canto de buscalas activamente.

Son de hábitos diúrnos e xeralmente saxícolas (é frecuente atopalos sobre as rochas), aínda que tamén son comúns sobre árbores e no chan.

Notas editar

  1. Ponce-Campos, P., García Aguayo, A., Vazquez Díaz, J. e Quintero Díaz, G.E. "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.