Satyrus actaea

especie de insecto

A Satyrus actaea é unha especie de lepidóptero pertencente á familia Nymphalidae, subfamilia Satyrinae e xénero Satyrus.

Denominación editar

Foi nomeada Satyrus actaea por Eugen Johann Christoph Esper en 1780.

Sinónimos: Papilio actaea Esper, 178,  Hipparchia actaea [Otakar Kudrna].

Descrición editar

É de cor marrón máis ou menos escurecida cunha discreta banda máis clara, e un gran ocelo marrón con pupila en branco no ápice das ás anteriores.

O dorso das ás anteriores é parecido con diferentes tons de marróns que forman unha ornamentación variable.

Bioloxía editar

Período de voo e hibernación editar

Univoltina,  voa en única xeración entre comezo de xuño e finais de agosto.[1]

Plantas hospedeiras editar

As súas plantas hóspedes son dos xéneros Brachypodium e Bromus.[2]

Ecoloxía e distribución editar

Está presente unicamente no sur-oeste de Europa, polo norte de Portugal, España e en Francia.[1][3]

 
Distribución

En Francia está presente nos departamentos mediterráneos, en Pireneos Orientais en Alpes Marítimos e até un límite norte activo de Puy-de-Dôme a Altos Alpes.[4]

Hábitat editar

Reside en escarpados rochosos herbosos, secos e densos, en cotas baixas con rocas e maleza e con árbores dispersas.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 ISBN 978-2-603-01649-7
  2. funet
  3. "butterfly guía". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2016. 
  4. lepinet
  5. Tolman e Lewington - 1997

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Guía de las mariposas de Europa y de África de Norte, Delachaux y Niestlé, Tom Tolman, Richard Lewington, ISBN 978-2-603-01649-7
  • Lionel G. Higgins y Norman D. Riley (1988). Guía de las mariposas de Europa. Delachaux y Niestlé (Lausana).

Ligazóns externas editar