Abrir o menú principal

Santiago Castroviejo Bolíbar, nado en agosto de 1946 en Tirán, Moaña, provincia de Pontevedra, e finado o 30 de setembro de 2009 en Madrid, foi un botánico galego.

Santiago Castroviejo
Santiago Castroviejo.jpg
Nacemento27 de agosto de 1946
 Tirán
Falecemento30 de setembro de 2009
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónbotánico
PremiosPremio nacional de investigación Alejandro Malaspina
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Xosé María Castroviejo e María Francisca Bolívar Sequeiros, e irmán da historiadora María Francisca Castroviejo, doutorouse en Bioloxía pola Universidade Complutense de Madrid en 1972. Foi profesor de Investigación do Consello Superior de Investigacións Científicas, director do Real Jardín Botánico de Madrid entre 1984 e 1994. Investigador principal do Proxecto Flora Ibérica, investigador principal tamén do Proxecto ANTHOS, un sistema de información sobre as plantas de España.

Dirixiu 19 teses doutorais e foi autor de máis de 150 traballos de investigación publicados en revistas científicas nacionais e internacionais.

DistinciónsEditar

Por outra banda, foi Presidente da Real Sociedade Española de Historia Natural, Académico de Número da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais e Medaille du Conseill de la Société Botanique de Francia, entre outras importantes distincións científicas.

Véxase taménEditar