Abrir o menú principal
Escudo de Sant Gervasi na plaça de Molina.

Sant Gervasi de Cassoles é un antigo concello da provincia de Barcelona, anexionado ao concello de Barcelona en 1897. Estendíase polo noroeste da cidade, entre os municipios, naquel entón independentes, de Sarrià, Les Corts de Sarrià, Gràcia e Horta. Actualmente forma parte do distrito de Sarrià-Sant Gervasi, concretamente os actuais barrios de Sant Gervasi-Galvany, Sant Gervasi-la Bonanova e el Putget i Farró, ademais do Tibidabo.

O nome de Sant Gervasi (San Xervasio) corresponde á advocación dunha primitiva capela rural ou igrexa, xa mencionada no ano 987, e "de Cassoles" foi interpretado como derivado de "casas illadas" ou "soas".