Sant Antoni de Calonge

Coordenadas: 41°50′56″N 03°06′32″L / 41.84889, -3.10889

Praia de Sant Antoni

Sant Antoni de Calonge é unha localidade costeira do concello de Calonge, na provincia de Xirona, Cataluña. Está situada entre Palamós ao norte e Torre Valentina ao sur.

Tiña en 2014 unha poboación de 2.736 habitantes, aínda que nos meses de verán tamén residen na localidade un gran número de turistas nacionais e internacionais.

Foi un concello independente durante a guerra civil española por decreto da Generalitat de Cataluña, recibindo os nomes de Sant Antoni de Mar e Llevantí de Mar. En 1939 foi anexionado unilateralmente polo concello de Calonge.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar