San Martiño de Porto, Cabanas
San Martiño de Porto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cabanas. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.034 habitantes (518 homes e 516 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.062 habitantes. É a parroquia máis poboada do concello.
San Martiño de Porto | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Porto. | |
Concello | Cabanas[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 43°25′24″N 8°10′31″O / 43.4234, -8.1754 |
Poboación | 981 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 14[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA igrexa parroquial data de 1788. Foi mandada edificar polo arcebispo de Santiago Bartolomé de Raxoi. Ten planta rectangular e dentro ten algunhas obras neoclásicas. No frontón hai unha representación de San Martiño, na cal dacabalo comparte a súa capa cun mendigo.
Outras obras importantes son a capela do Bo Xesús e o Pazo de Fraián.
Lugares e parroquias
editarLugares de San Martiño de Porto
editarLugares da parroquia de San Martiño de Porto no concello de Cabanas (provincia da Coruña) | |
---|---|
Barreiro | O Batán | Cardeita | O Chao da Aldea | O Chao | A Costa | A Lousada | As Modias | O Piñeiro | O Pudrical | O Rego | Sobre da Riba | A Torre | O Val | O Vinteún |