San Luis (empresa)

San Luis foi unha empresa galega con sede na Coruña adicada á venda e distribución de electrodomésticos, aparellos eléctricos e de fogar. San Luis tivo durante un tempo ademais as marcas Darty e Menaje del Hogar. Anunciou a súa liquidación en 2015.

San Luis

Tenda de San Luis na Gándara, Ferrol.
FundaciónAnos 1970, refundada en 2013
LocalizaciónA Coruña, Galicia Galiza
FundadorLorenzo López
IndustriaDistribución
ProdutosElectrónica
Electrodomésticos
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A empresa fundouse nos anos 1970 na rúa San Luís da Coruña, de onde tomou o nome. Chegou a ter 22 tendas en España e Portugal e uns 400 traballadores. En 2007 foi mercada pola francesa Darty, que no ano 2013 pechou as tendas en España. Meses despois a empresa volveu abrir cinco tendas co nome de San Luis, dúas delas na cidade da Coruña.

Tendas

editar

San Luis tamén ten un centro loxístico de 4.000 metros cadrados en Bergondo[1].

  1. Valeiras, María. SingularShopper.com, ed. "Electrodomésticos San Luis resucita seis años después y recupera diez tiendas de Darty, una de ellas en Marineda". Consultado o 20 de outubro de 2013.