San Cristovo, Paizás, Ramirás
San Cristovo é un lugar da parroquia de Paizás, no concello ourensán de Ramirás. Segundo o IGE do 2010 tiña 21 habitantes dos que 15 eran homes e 6 eran mulleres. Situado na estrada nacional entre Celanova e Vilavidal, está condicionado pola pequena industria dos aluminios. O nome San Cristovo corrompeuse durante o franquismo a "San Cristobo" por influencia do castelán, como pode verse en sinais antigos á entrada da aldea. Nesta época, a poboación viuse menguada por unha forte emigración e vive un continuo despoboamento e envellecemento dende hai anos, como no caso de moitos lugares do interior ourensán, o que provocou que a meirande parte das antigas vivendas se atopen abandonadas ou en estado ruinoso.
San Cristovo | |
---|---|
Parroquia | Paizás |
Concello | Ramirás |
Coordenadas | 42°10′35″N 7°59′59″O / 42.17625962284, -7.9997953137895 |
Poboación | 20 hab. (2019) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Lugares da parroquia de Paizás no concello de Ramirás (Ourense) | |
---|---|
A Corredoira | Covelas | Fraguas | O Outeiro | Paizás | Pazos | Pereira | San Cristovo | A Silva | Tuño | Vilaboa | Vilaflor | Vilagarcía | Vilariño |