San Andrés y Sauces
San Andrés y Sauces é un municipio español pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife. Está situado no nordés da illa canaria de La Palma.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
Provincia | Provincia de Santa Cruz de Tenerife | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 4.219 (2023) (98,69 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 42,75 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 260 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Francisco Javier Paz Exposito (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 38720 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 38033 | ||||
Sitio web | sanandresysauces.es |
Ten unha extensión de 42,75 km² e unha poboación de 4.860 habitantes (INE, 2011). A altitude do centro do municipio (Los Sauces) é de 250 metros sobre o nivel do mar.
Durante algún tempo foron dous pobos separados, San Andrés na costa e Los Sauces nas medianías. Tras a crise da cana de azucre iniciouse o declive de ambos o que produciu que finalmente se unisen. Debido a ser lugar de paso da estrada do norte, Los Sauces creceu en poboación mentres que San Andrés estancouse.
O municipio destaca pola súa masa boscosa de laurisilva, os seus profundos barrancos, os seus bancais e cultivos de plátanos. Algúns lugares de interese son o barranco e bosque de Los Tilos, Los Nacientes de Marcos e Cordero, El Molino El Regente, El Charco Azul (piscinas naturais), El Puerto Espíndola, Igrexa de San Andrés, así como os núcleos de poboación, onde atopamos boas mostras de arquitectura tradicional.
A economía vira en torno ao plátano principalmente, sendo o único outro cultivo de importancia a cana de azucre, que se usa na única destilería da illa para fabricar o Ron Aldea. Outro cultivo minoritario é o iñame, que se cultiva nas ladeiras húmidas encharcadas dos barrancos. Os sauceros son coñecidos na Palma como "Ñameros".
Na costa atópase Puerto Espíndola, un pequeno porto pesqueiro que anteriormente foi a principal vía de comunicación do municipio, antes de que se construíse no século XX a estrada.
Na costa atópanse tamén as piscinas naturais do Charco Azul, pequeno centro turístico do municipio.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Andrés y Sauces |