Salmonete de lama

O salmonete de lama[1] (Mullus barbatus) é unha especie de peixe da familia Mullidae. Encóntrase principalmente no mar Mediterráneo e Atlántico Norte. A súa cor característica entre rosado e vermello deulle o nome popular de 'salmonete' ('pequeno salmón'), usado tanto en España como en Portugal. Salmonete tamén é o de rocha (Mullus surmuletus ). En Francés chámaselle “rouget-barbet” e en inglés “red mullet”—en razón á súa cor—, en italiano “triglia” —que pode ser di scolglio ou di fango—, en alemán “Meerbarbe”, que alude as súas barbas.

Características editar

Este peixe habita no fondo da plataforma continental que se captura principalmente nas costas do mar Mediterráneo. Posúe un corpo alongado de 10 a 15 cm. Esta especie aliméntase de poliquetos, isópodos e moluscos en xeral. É un peixe branco desde o punto de vista nutricional.

Usos editar

A cociña mediterránea ten diferentes pratos baseados no salmonete. É moi frecuente velo en mercados desta área. Unha parte moi apreciada do salmonete é o seu fígado. Noutros peixes tírase, pero no salmonete é usado en moitas receitas para, unha vez machacado, facer salsa.

Notas editar

  1. "Salmonete no DIGALEGO". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2018. Consultado o 17 de maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar