Salón del Cómic de Zaragoza
O Salón del Cómic de Zaragoza (desde a VI edición; antigas Muestra del Cómic y el Tebeo —I-IV edición— e Muestra del Cómic de Zaragoza —V edición—) é un evento de banda deseñada que se celebra anualmente en Zaragoza desde o 2002. Está organizado polo Concello de Zaragoza coa colaboración das asociacións Malavida, Mangaku, Tatakae e Thermozero.[1]
Salón del Cómic de Zaragoza | |
---|---|
Auditorio de Zaragoza, lugar onde se celebra o Salón. | |
Tipo | convención ou festival de banda deseñada e evento anual |
País | España |
Na rede | |
http://www.saloncomiczaragoza.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarDesde a V edición (2006) celébrase no Salón de Usos Múltiples do Auditorio-Palacio de Congresos de Zaragoza, que substituíu o Centro Cívico La Almozara, onde se desenvolveron as 4 primeiras edicións (2002-2005).
O Salón estivo a piques de desaparecer en 2011 por limitacións económicas[2] [3] superadas grazas á redución do seu orzamento e ao cobro dun euro pola entrada, desde a X edición (2011).[4]
En outubro de 2020, ante a situación epidemiolóxica pola pandemia de COVID-19, anunciouse a suspensión da XIX edición.[5]
A XX edición (2021) celebrouse cunha capacidade limitada de 5.000 persoas (1.000 por cada franxa horaria) debido á pandemia.[6]
Na XXI edición (2022) substituíuse a modalidade de venda de entradas. Suprimiuse o portelo e vendéronse electronicamente por primeira vez a través de Entradium.[7]
Xunto ao Salón, tamén se celebra dende o 2010 a iniciativa Diciembre Mes del Cómic, dentro da que se promoven unha variedade de actividades e exposicións relacionadas coa banda deseñada en diferentes centros cívicos da cidade ao longo do mes de decembro.
Notas
editar- ↑ "ABC: últimas noticias y actualidad de España y el mundo". Diario ABC (en castelán). Consultado o 2023-09-01.
- ↑ García, Eva (30/09/2011). El Salón del cómic de Zaragoza busca patrocinador para subsistir, "El Periódico de Aragón".
- ↑ Aragón, Heraldo de. "El Salón del Cómic de Zaragoza, en el aire por falta de fondos". heraldo.es (en castelán). Consultado o 2023-09-01.
- ↑ A, G. (2011-12-19). "El Salón del Cómic cierra con 7.000 entradas vendidas y 14.000 visitas". El Periódico de Aragón (en castelán). Consultado o 2023-09-01.
- ↑ "El XIX Salón del Cómic de Zaragoza se suspende". www.saloncomiczaragoza.com (en castelán). 2020-10-26. Arquivado dende o orixinal o 01 de setembro de 2023. Consultado o 2023-09-01.
- ↑ Daniel Monserrat Barrau (19/12/2021). El Salón del cómic de Zaragoza salva su año más difícil con una gran satisfacción entre los participantes, El Periódico de Aragón
- ↑ E. R. A. (16/12/2022). Entradas para el Salón del Cómic 2022 de Zaragoza, programa, horario y precio, Heraldo de Aragón
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Páxina oficial, páxina da organización
- Información sobre o Salón do Cómic de Zaragoza
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |