Sakana
comarca de Navarra
Sakana (en castelán: Barranca) é unha comarca de Navarra, dentro do meiriñado de Pamplona que engloba 3 vales (Arakil, Ergoiena e Burunda) e 15 concellos. Ten unha extensión de 305,5 quilómetros cadrados e unha poboación de 20 028 habitantes (segundo datos de 2007). Está delimitada polo norte pola serra de Aralar e polo sur polas serras de Andia e Urbasa. Aínda que a comarca está dividida en 3 vales, tamén é chamada Val de Sakana.
Comarca de La Barranca (es) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade foral | Navarra | |||
Poboación | ||||
Poboación | 20.367 (2022) (39,49 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 515,81 km² | |||