Sada, Navarra

concello de Navarra

Coordenadas: 42°34′59″N 1°24′00″O / 42.58306, -1.40000

Sada (en castelán: Sada; en éuscaro: Zure) é un concello de Navarra, na comarca de Sangüesa, a 49,2 km de Iruña. A súa poboación en 2014 era de 172 habitantes (INE). É un concello non vascófono.[1]

Sada, Navarra
Sada
Zure
Escudo de Sada.svg
SADA, Navarra.jpg
Localización
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaNavarra Navarra
ProvinciaNavarra
ComarcaSangüesa
Xeografía
Altitude512[1][Cómpre referencia] msnm
Superficie12,6667 km² km²
Demografía
Poboación172 hab. (2014)
Densidade13,58 hab./km²
Outros datos
Código postal31491
AlcaldeLuis Ángel Mateo Azcárate (Sada Independiente y Agrícola)

Xeografía físicaEditar

Sada fica situada na zona leste de Navarra, a un quilómetro da estrada NA-132 que une Estella con Sangüesa no km 65.

O clima é mediterráneo continental semihúmido con invernos fríos e veráns calorosos, cunha precipitación media de 500–600 mm ao ano.

A terra cultivábel está moi repartida entre todos os veciños e o termo da localidade é pequeno (12,7 km²). Os principais cultivos son a vide, cereal, oliveiros e pequenas hortas familiares.

Até primeiros do século XVIII nesta vila falábase éuscaro (a maior parte dos nomes dos termos agrícolas son en éuscaro na actualidade).

En 1908, debido á Sada galega, comezouse a chamar Sada de Sangüesa até que en 1980 por orde foral do Goberno de Navarra pasouse a chamar novamente Sada.

DemografíaEditar

Evolución demográfica
1897 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2014
810 805 791 790 693 616 556 548 425 336 280 224 172

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 "Datos de Sada en Navarra.es". Consultado o 15 de xullo de 2015.