Sacajawea Patera é unha gran e alongada caldeira situada na parte occidental da Ishtar Terra, dentro da suave planicie de Lakshmi Planum, no planeta Venus. A caldeira está situada nas coordenadas 64,3° N 335,4° E. Ten uns 420 km de diámetro na súa base. Sacajawea en si é unha depresión de 1–2 km de profundidade e dunhas dimensións de 120 x 215 quilómetros; a dirección do seu alargamento é suroeste-nordeste. A depresión está rodeada dunha zona circunferencial de estruturas de liñas curvas interpretadas como graben e escarpas de fallas. Estas estruturas están espazadas entre si entre 0,5 a 4 km, adoitan ter un ancho de entre 0,6 a 4 km e poden chegar a pasar dos 100 km de longo. Chegando a estenderse 140 km no flanco sueste do patera, existe un sistema de fisuras e fendas lineares que se pensa que poderían representar unha zona de fisuras no flanco da caldeira, estas fisuras laterais poderían ter emitido magma. Unha estrutura en forma de escudo duns 12 km de diámetro cun prominente pico central descansa ó longo do camiño dunha destas grandes fisuras.

Sacajawea Patera
Imaxe de radar da sonda Magallanes
Tipo de accidente xeolóxico Patera
Accidente xeolóxico de Venus
Diámetro 233 km[1]

420 km (na base)[2]

Altitude 1–2 km[2]
Coordenadas 64,3° N 335,4° E[1]
Procedencia do nome Sacagawea, mome da muller india da tribo shoshone que fixo de intérprete para a expedición de Lewis & Clark.[1]

Existe un cráter de impacto chamado Zlata, de aproximadamente 6 km de diámetro, que está situado na zona dos graben do noroeste do patera. Só existen algúns regueiros asociados a Sacajawea, esta escaseza seguramente é debida a idade e a gran degradación destes regueiros. Existen uns depósitos brillantes moteados de entre 4 a 20 km de ancho, que están situados na periferia e no centro do chan do patera, dentro das depresións do patera. Tamén existen unhas machas de material escuro de aproximadamente 40 km de ancho que se poden observar no suroeste do patera, superpoñéndose a algunhas porción dos graben circundantes. Pensase que a formación de Sacajawea é o resultado da drenaxe e posterior colapso dunha gran caldeira de magma. A relaxación gravitacional podería ter causado o desinflado da caldeira, producindo as numerosas fallas e graben que existen circunscribindo o patera. Tamén cabe subliñar a rexións de terreo de tipo tessera moi complexas e moi deformadas que están situadas no norte e leste do patera e que poden ser vistos na parte alta da imaxe da caixa de información.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Gazetteer of Planetary Nomenclature. "Planetary Names: Patera, paterae: Sacajawea Patera on Venus". Consultado o 15-11-2011. 
  2. 2,0 2,1 JPL/NASA. "PIA00485: Venus - A Large Elongated Caldera 'Sacajawea Patera'". Consultado o 15-11-2011. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar