Saba Kidane

escritora, xornalista e activista eritrea

Saba Kidane, nada en Asmara en 1978, é unha xornalista, escritora e activista eritrea.

Infotaula de personaSaba Kidane
Biografía
Nacemento1978 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Asmara Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEritrea Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista radiofónica , poeta Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Aos trece anos deixou a escola e uniuse á Fronte Popular para Liberación de Eritrea.[1] Retomou os estudos en 1995.[2] Foi directora de programación nunha radio xuvenil.

A maior parte da súa obra está escrita en lingua tigriña. A súa poesía fala da infancia, da vida diaria, da problemática social e dos efectos da guerra nas mulleres de Eritrea. O seu poema "Tsiruy guhaf nafiqe" ("Boto en falta o lixo limpo") defende o uso do preservativo para evitar o contaxio do VIH.[1]

En 2001 negóuselle o visado para visitar os Estados Unidos de América.[2] É nai solteira.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Saba Kidane". Dictionary of African Biography. Oxford: Oxford University Press. 2012. pp. 233–234. ISBN 978-0-19-538207-5. 
  2. 2,0 2,1 Benet, Siobhan (22 de maio de 2001). "Eritrean Women Poets Lifting Post-War Voices". Women's eNews. 
  3. Bahrampour, Tara (25 de marzo de 2001). "A Poet, Barred at the Gate". The New York Times. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar