Sa Talaiassa

(Redirección desde «Sa Talaia de Sant Josep»)

Sa Talaiassa, tamén coñecido como sa Talaia ou sa Talaia de Sant Josep, é o monte máis elevado da illa de Eivisa, nas Illas Baleares, con 475 metros de altitude. Atópase na zona suroeste da illa, no concello de Sant Josep de sa Talaia.

Modelo:Xeografía físicaSa Talaiassa
Imaxe
Tipomontaña Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaEivisa Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaSant Josep de sa Talaia, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 38°54′41″N 1°16′27″L / 38.9114, 1.2742
Características
Altitude487 m Editar o valor en Wikidata
Vista dende o cumio en dirección noroeste.

Presenta unha orientación suroeste-nordés, como todas as montañas de Eivisa e Mallorca. É relativamente plano no cumio, ao que se pode acceder por estrada. Hai nel un dos repetidores de sinais de televisión da illa. O 7 de xaneiro de 1972 un avión de Iberia que cubría a ruta entre Madrid e Eivisa estrelouse no monte, causando 104 mortos, a totalidade dos seus pasaxeiros e tripulación.