Sa Talaiassa
(Redirección desde «Sa Talaia»)
Coordenadas: 38°54′41″N 01°16′27″L / 38.91139, -1.27417
Sa Talaiassa, tamén coñecido como sa Talaia ou sa Talaia de Sant Josep, é o monte máis elevado da illa de Eivisa, nas Illas Baleares, con 475 metros de altitude. Atópase na zona suroeste da illa, no concello de Sant Josep de sa Talaia.
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/4d/On_Top_I_%28191428207%29.jpg/250px-On_Top_I_%28191428207%29.jpg)
Presenta unha orientación suroeste-nordés, como todas as montañas de Eivisa e Mallorca. É relativamente plano no cumio, ao que se pode acceder por estrada. Hai nel un dos repetidores de sinais de televisión da illa. O 7 de xaneiro de 1972 un avión de Iberia que cubría a ruta entre Madrid e Eivisa estrelouse no monte, causando 104 mortos, a totalidade dos seus pasaxeiros e tripulación.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sa Talaiassa ![]() |