STS-30

misión do transbordador espacial Atlantis

STS-30 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 4 de maio de 1989 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-30
A misión STS-30 coa sonda espacial Magalhães na bodega de carga.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento4 de maio de 1989, 18:47 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión4,04 días[6]
Obxectivo da misiónLanzamento da sonda espacial Magalhães[3][6]
Regreso8 de maio de 1989[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1989-033A

Características editar

STS-30, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita a sonda espacial Magalhães con destino a Venus e realizar varios experimentos a bordo. A tripulación estaba formada polo comandante David M. Walker, o piloto Ronald J. Grabe e os especialistas de misión Norman E. Thagard, Mary L. Cleave e Mark C. Lee.[3][5][6][7]

Unha vez en órbita un dos cinco ordenadores de propósito xeral do Atlantis fallou, tendo que ser substituído por un de reposto, sendo a primeira vez que se fixo tal operación en órbita. Entre os experimentos secundarios de a bordo atopábanse o MLE (Mesoscale Lightning Experiment), investigación con fluídos en microgravedade con FEA (Fluids Experiment Apparatus) o AMOS (Air Force Maui Optical Site).[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 8 de maio de 1989.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 30" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 19 December 1989 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (90-00231). 3 de xaneiro de 1990: 9. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 30" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-30" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2018. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-30" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (18 de febreiro de 2010). "STS-30" (en inglés). Consultado o 13 de novembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar