STS-118

STS-118 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 8 de agosto de 2007 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-118
STS-118 Endeavour Launch 2007Aug08 (KSC-07PP-2288).jpg
Lanzamento da misión STS-118
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento8 de agosto de 2007, 22:36GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión12,75 días[6]
Obxectivo da misiónAprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso21 de agosto de 2007[6]
NSSDC ID2007-035A

CaracterísticasEditar

STS-118, con sete astronautas a bordo, foi unha misión de aprovisionamento da Estación Espacial Internacional. A tripulación estaba formada polo comandante Scott Kelly, o piloto Charlie Hobaugh e os especialistas de misión Alvin Drew, Barbara R. Morgan, Tracy Caldwell, Rick Mastracchio e Dafydd Williams.[3][5][6][7]

O transbordador acoplouse á estación ás 18:02 GMT do 10 de agosto no porto PMA-2. Durante a misión colocouse a viga S5 na estación e descargáronse varias toneladas de víveres e material que iban a bordo do transbordador. En total fixéronse catro paseos espaciais. O Endeavour desacoplouse da estación ás 11:56 GMT do 19 de agosto e volveu a terra en Cabo Cañaveral o 21 de agosto de 2007.[3][5][6][7]

NotasEditar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 118" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 13 November 2007 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-89382(E)). 21 de decembro de 2007: 10. Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 118" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-118 / ISS 13A.1" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-118" (en inglés). Consultado o 25 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (2 de abril de 2008). "STS-118" (en inglés). Consultado o 31 de outubro de 2021. 

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar