STS-115

misión do transbordador espacial Atlantis

STS-115 foi unha misión do transbordador espacial Atlantis lanzada o 9 de setembro de 2006 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

STS-115
Lanzamento da misión STS-115
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento9 de setembro de 2006, 15:15GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión11,80 días[6]
Obxectivo da misiónMontaxe, reparación e aprovisionamento da Estación Espacial Internacional.[3][6]
Regreso21 de setembro de 2006[6]
NSSDC ID2006-036A

Características editar

STS-115, con seis astronautas a bordo, foi a primeira misión dun transbordador que retomou a construción da Estación Espacial Internacional despois da perda do Columbia na misión STS-107 en 2003 e da misión de probas STS-114 en 2005. A tripulación estaba formada polo comandante Brent W. Jett, o piloto Christopher J. Ferguson e os especialistas de misión Heidemarie M. Stefanyshyn-Piper, Joseph R. Tanner, Daniel C. Burbank e Steven G. MacLean.[3][5][6][7]

Durante a engalaxe producíronse impactos de espuma desprendida do tanque principal contra o escudo térmico e as ás do transbordador, pero os novos procedementos de revisión do vehículo mediante cámaras unha vez en órbita non mostraron danos. O Atlantis levou á estación a viga P3/P4 de 17 toneladas con dous paneis solares para proporcionar enerxía que foi instalada durante tres paseos espaciais e o módulo loxístico Leonardo con subministracións a bordo. A nave acoplouse ao porto PMA-2 da estación ás 14:52 GMT do 6 de xullo e trasladou o módulo Leonardo ao día seguinte para a súa descarga pola tripulación. Durante a misión tamén se probaron técnicas de reparación de losetas térmicas. O 14 de xullo Leonardo foi devolto á bodega de carga do transbordador e o día 17 o Atlantis desacoplouse para iniciar a viaxe de retorno.[3][5][6][7]

O transbordador volveu a terra sen incidentes en Cabo Cañaveral o 21 de setembro de 2006.[3][5][6][7]

Notas editar

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 115" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 12 January 2007 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-030707(E)). 27 de xuño de 2007: 4. Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 115" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-115 / ISS 12A" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-115" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (2 de abril de 2008). "STS-115" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2022. Consultado o 31 de outubro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar