Disney Star

(Redirección desde «STAR TV»)

Disney Star é un grupo provedor de canles e servizos de televisión por satélite e cable na India propiedade da The Walt Disney Company, a súa sede central está na India, contén máis de 70 canles de televisión en oito idiomas, chegando a 9 de cada 10 casas de televisión por cable e satélite na India que alcanza aproximadamente 790 millóns de espectadores ao mes en toda a India e máis de 100 países.

Disney Star
TipoSubsidiaria
Fundación1 de agosto de 1990
MatrizThe Walt Disney Company
LocalizaciónMumbai, Maarastra, India India
Persoas claveK Madhavan (director xestor)
IndustriaServizo de entretemento
Na rede
https://www.startv.com/
Facebook: StarTVNetworkIndia Twitter: starindia Instagram: startvnetwork Youtube: UClp2dN8sQ2K-EwJiwm_k2BQ Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Disney Star é a maior cadea de televisión e entretemento da India.

Desenvolvemento editar

A compañía rexistrouse o 1 de agosto de 1990 como parte do grupo Hutchison Whampoa, comezando a emitir cinco canles de televisión o 1 de xaneiro de 1991 a través do satélite AsiaSat 1. En 1993 Rupert Murdoch mercou a compañía. O 14 de decembro de 2017, The Walt Disney Company anunciou a súa intención de adquirir a empresa matriz de STAR India, 21st Century Fox de Rupert Murdoch, por 52.400 millóns de dólares despois da escisión de certos negocios. En 20 de marzo de 2019, o acordo completouse oficialmente e STAR India converteuse nunha subsidiaria de Disney ao pecharse o acordo.

Canles propias editar

  • STAR Movies - Filmes en inglés, conta con tres canles STAR Movies International, STAR Movies Middle East con subtítulos en árabe, STAR Movies Taiwan con subtítulos en chinés.
  • STAR World - Emite programas en inglés dos Estados Unidos e algún do Reino Unido para o sueste de Asia e Filipinas, antes coñecido como STAR Plus.
  • STAR Plus - Canle en hindi para a India, unha das primeiras cinco canle
  • STAR Sports - Cadea de 10 canles en 7 linguas (inglés, bengalí,tamil, kanarés, malayalam, telugu e hindi)
  • Asianet- Canle en malayalam
  • Asianet Sivarna- Canle en telugu
  • Asianet Suvarna - Canle en kanaréss STAR, aínda que entón en inglés.
  • STAR Utsav - Canle en hindi que emite programas históricos de STAR Plus
  • STAR One - Canle en hindi
  • STAR Gold - Canle de filmes en hindi
  • STAR Vijay - Canle en támil
  • STAR Jalsha - Canle de entretemento en bengalí
  • STAR Ananda - Canle de noticias en bengalí
  • STAR Majha - Canle de noticias en marathi
  • STAR Pravah - Canle de entretemento en maratí