Solar Radiation and Climate Experiment
Observatorio espacial dos Estados Unidos.
(Redirección desde «SORCE»)
SORCE (acrónimo de Solar Radiation and Climate Experiment) é un observatorio espacial da NASA lanzado o 25 de xaneiro de 2003 mediante un foguete Pegasus desde Cabo Cañaveral.[2][4]
Solar Radiation and Climate Experiment (SORCE) | |
---|---|
SORCE | |
Tipo | Observatorio solar |
Organización | NASA |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 25 de xaneiro de 2003[1][2][3] |
Foguete portador | Pegasus[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cabo Cañaveral[2][5] |
Obxectivo da misión | Medición da irradiación solar.[2][5] |
NSSDC ID | 2003-004A |
Masa | 315 kg[4][5] |
Dimensións | 100 cm de ancho por 160,3 cm de alto (cos paneis solares pregados)[4] |
Potencia | 348 vatios[5] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 6997,1 km[1] |
Inclinación | 40,0 graos[1] |
Apoapse | 644,9 km[1] |
Periapse | 607,3 km[1] |
Características
editarA misión de SORCE é medi-la radiación solar en diferentes lonxitudes de ondas[2] (entre 200 nm e 2000 nm) para estudar a influencia do Sol sobre a Terra.[4]
O satélite estabilízase nos tres eixos e cos paneis solares pregados mide 100 cm de ancho por 160,3 cm de alto
Instrumentos
editarSORCE leva catro instrumentos a bordo:[4]
- Total Irradiance Monitor (TIM)
- Spectral Irradiance Monitor (SIM)
- Solar Stellar Irradiance Comparison Experiments (SOLSTICE)
- XUV Photometer System (XPS)
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Solar Radiation and Climate Experiment |
Ligazóns externas
editar- Páxina web de SORCE Arquivado 10 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "SORCE" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (4 de novembro de 2011). "SORCE" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2012.
- ↑ "Note verbale dated 30 June 2003 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General". 2 de xullo de 2003. ST/SG/SER.E/428. Consultado o 10 de xuño de 2019.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "SORCE" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2012.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2011). "SORCE" (en inglés). Consultado o 11 de febreiro de 2012.