SN 1572
SN 1572 é o nome dado á supernova observada no 1572 por Tycho Brahe na constelación de Casiopea. Na actualidade é coñecida sobre todo como SN 1572 mais tamén como a supernova de Tycho ou B Cassiopeiae (B Cas). Foi unha supernova de Tipo Ia, unha das oito das que hai rexistros a ollo nu. Xurdiu en novembro de 1572 e foi notada por Brahe entre outros. Os restos foron observados de xeito óptico, pero sobre todo en lonxitudes de onda de radio. Como radiofonte é coñecida como 3C 10.[1]
A súa aparición colócase entre as observacións máis importantes efectuadas na historia da astronomía, pois axudou a revisar os antigos modelos celestes, acelerando o cambio na astronomía e a súa revolución, comezando pola necesidade de elaborar mellores catálogos estelares (que necesitaron mellores instrumentos) e a confrontación do dogma aristotélico de inmutabilidade do ceo na esfera das estrelas.
Notas
editar- ↑ Krause, Oliver; Tanaka, Masaomi; Usuda, Tomonori; Hattori, Takashi; Goto, Miwa; Birkmann, Stephan; Nomoto, Ken'ichi (2008-12). "Tycho Brahe's 1572 supernova as a standard type Ia explosion revealed from its light echo spectrum". Nature 456 (7222): 617–619. ISSN 0028-0836. doi:10.1038/nature07608.