SES Astra foi unha corporación filial de SES, con base en Betzdorf, Luxemburgo, que mantiña e operaba a serie Astra de satélites xeoestacionarios entre 2001 e 2011.

SES Astra
TipoFilial privada
Fundación1985
LocalizaciónBetzdorf, Luxemburgo
IndustriaTelecomunicacións
ProdutosServizos satelitais
Número de empregados292 (2010)
Na rede
http://www.ses-astra.com/
editar datos en Wikidata ]

Formada en 1985 como Société Européenne des Satellites (SES), foi a primeira operadora privada de satélite en Europa. En novembro de 2001, logo da compra de GE Americom por General Electric (renomeada a to SES Americom) SES Global foi designada empresa matriz de SES Americom e SES Astra. SES Astra foi designada como compañía filial para conter todas as operacións en Europa.

En setembro de 2011, SES Astra e a súa pequena filial SES World Skies, (creada desde SES Americom e SES New Skies) foron reincorporadas en SES S.A. para simplificar operacións baixo un sistema único de dirección. Filiais de SES Astra, como HD Plus e ASTRA Broadband Services convertéronse en filiais directas de SES. O nome da marca, Astra, que representa a familia de satélites e o sistema de difusión, segue a ser usado.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar