SBIRS-GEO, acrónimo de Space Based Infra Red Sensor - Geostationary, é un programa militar dos Estados Unidos. É a compoñente xeoestacionario do programa SBIRS-High.[1][2][3][4]

Representación de SBIRS GEO-3 en órbita.

Características editar

SBIRS-GEO, xunto co resto de compoñentes de SBIRS-High, sustitúen ao Defense Support Program de alerta temperá de lanzamento de mísiles balísticos intercontinentais. Os satélites SBIRS proporcionan maior flexibilidade e sensibilidade que os DSP e poden detectar sinais de onda curta e no infravermello medio, mellorando a precisión e podendo detectar maior cantidade de lanzamentos.[1][2][3][4]

O programa comezou en 1996, decidíndose combinar satélites en órbita xeoestacionaria (os SBIRS-GEO), satélites en órbita altamente elípticas (SBIRS-HEO) e sensores noutros satélites. En total lanzáronse seis satélites SBIRS-GEO dos oito proxectados, cancelándose os dous últimos.[1][2][3][4]

SBIRS-GEO 1, 2, 3 e 4 editar

Os SBIRS-GEO 1 a 4 son satélites duns 4500 kg que usan o bus A2100M e foron fabricados por Lockheed Martin. Levan dous sensores infravermellos a bordo, usan paneis solares para proporcionar enerxía eléctrica e teñen unha vida esperada de 12 anos en órbita. Lanzáronse entre 2011 e 2018, todos mediante foguetes Atlas 5.[1][3]

SBIRS-GEO 5 e 6 editar

Os SBIRS-GEO 5 e 6 son satélites cunha masa parecida aos primeiros catro pero usando o bus LM-2100M. Tamén foron fabricados por Lockheed Martin e levan dous sensores infravermellos, cunha vida esperada similar. Lanzáronse en 2021 e 2022 mediante foguetes Atlas 5.[2][4]

Historial de lanzamentos editar

Misión[1][2][3][4] Data de lanzamento[1][2][3][4] Foguete lanzador[1][2][3][4] Notas[1][2][3][4]
SBIRS-GEO 1 7 de maio de 2011 Atlas 5 Éxito
SBIRS-GEO 2 19 de marzo de 2013 Atlas 5 Éxito
SBIRS-GEO 3 21 de xaneiro de 2017 Atlas 5 Éxito
SBIRS-GEO 4 20 de xaneiro de 2018 Atlas 5 Éxito
SBIRS-GEO 5 18 de maio de 2021 Atlas 5 Éxito
SBIRS-GEO 6 4 de agosto de 2022 Atlas 5 Éxito

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 Mark Wade (2023). "SBIRS-GEO 1, 2, 3, 4" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Mark Wade (2023). "SBIRS-GEO 5, 6" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2023. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "SBIRS-GEO 1, 2, 3, 4" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2023. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "SBIRS-GEO 5, 6" (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar