SAC-A, acrónimo de Satélite de Aplicaciones Científicas A, foi un satélite artificial colaboración entre a CONAE Arxentina e a NASA lanzado o 4 de decembro de 1998 a bordo do transbordador espacial Endeavour desde Cabo Cañaveral durante a misión STS-88.[1][2][3]

SAC-A
SAC-A despois de ser despregado.
TipoDemostrador tecnolóxico
FabricanteINVAP
OrganizaciónCONAE
Destino actualReentrado na atmosfera.[1][2][3]
Data de lanzamento4 de decembro de 1998, 8:35 GMT[1][4][5][6]
Foguete portadorTransbordador espacial Endeavour[1][3]
Sitio de lanzamentoCabo Cañaveral, rampla 39A[1][2]
Obxectivo da misiónProba de diferentes tecnoloxías.[1][2]
Decaemento25 de outubro de 1999[4]
NSSDC ID1998-069B
Masa268 kg[1]

Características editar

SAC-A foi exectado do transbordador espacial once días despois de chegar a órbita. Foi deseñado para probar diferentes tecnoloxías a ser usadas nos seguintes satélites da Arxentina. Tiña unha masa de 268 kg e levaba a bordo unha cámara cun detector CCD, un magnetómetro, células solares de nova tecnoloxía, un GPS diferencial e un experimento para o seguimento de baleas. O satélite reentrou na atmosfera o 25 de outubro de 1999, dez meses despois do seu lanzamento, cumprindo tódolos seus obxectivos.[1][2][3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 NASA (14 de maio de 2020). "SAC-A" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Mark Wade (2021). "SAC-A" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2021. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "SAC A" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2021. 
  4. 4,0 4,1 N2YO (2020). Real Time Satellite Tracking, ed. "SAC A" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2021. 
  5. Claude Lafleur (2021). "SAC A" (en inglés). Consultado o 7 de febreiro de 2021. 
  6. "Note verbale dated 23 December 1998 from the Permanent Mission of Argentina to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (99-80642 (E)). 1 de febreiro de 1999: 2. Consultado o 7 de febreiro de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar