Sōsō no Frieren

Sōsō no Frieren (葬送のフリーレン?, lit. Frieren do funeral) é unha serie de manga xaponesa creada por Yamada Kanehito e ilustrada por Abe Tsukasa. Publícase na revista semanal Weekly Shounen Sunday dende o ano 2020. Foi gañadora da 14ª Edición do Manga Taishou e o Premio Shinsei da 25ª Edición do Premio Cultural Osamu Tezuka. En novembro de 2023, o número total de volumes en circulación superara os once millóns de copias.[3]

Sōsō no Frieren
{{{caption}}}
葬送のフリーレン
XéneroShounen, Fantasía
Manga  
Creado por Yamada Kanehito (guión), Abe Tsukasa (ilustracións)
Editor Weekly Shounen Sunday
Publicado en Shougakukan
Primeira edición 28 de abril de 2020[1]
Última edición actualidade
Núm. de volumes 11
Anime  
Dirixido por Saitou Keiichirou
Estudio MADHOUSE
Canle televisiva NTV, outros
Primeira emisión 29 de setembro de 2023
Última emisión actualidade
Núm. de capítulos 28[2]

Sinopse editar

O grupo de catro heroes que derrotaron o rei Demo, formado polo heroe Himmel, o monxe Heiter, o guerreiro Eisen e a maga Frieren, volve á capital conmovido trala súa viaxe de 10 anos, se ben a Frieren, unha elfa que facilmente pode vivir máis de 1000 anos, lle resultou unha viaxe tremendamente curta. Antes de se separaren, coa promesa de volver encontrarse, os catro contemplan o Meteoro da Era, do cal se di que só pasa cada 50 anos.

Frieren reúnese cun Himmel xa envellecido 50 anos máis tarde e, xunto con Heiter e Eisen, volven ver a choiva de meteoros. Himmel falece pouco despois e, no seu funeral, Frieren chora ao entender que non sabía nada de Himmel e nunca se esforzara por descubrir máis del. Confundida pola súa dor, Frieren emprende unha viaxe para coñecer os humanos e coleccionar maxia e feitizos.

Vinte anos despois Frieren visita o ancián Heiter. Este pídelle a Frieren que descifre as escrituras dun grimorio e tome unha orfa de guerra, Fern, como aprendiz. Catro anos máis tarde Heiter falece, Frieren remata de descrifrar o grimorio e Fern converteuse nunha maga habilidosa. Entón, ambas emprenden xuntas unha nova viaxe.

Notas editar

  1. 魔王を倒した勇者一行の“その後”描く「葬送のフリーレン」サンデーで開幕. Comic Natalie (en xaponés). Consultado o 28 de novembro de 2023. 
  2. Vol.7|アニメ『葬送のフリーレン』公式サイト. Páxina oficial do anime Sōsō no Frieren (en xaponés). Consultado o 28 de Novembro de 2023. 
  3. アニメ『葬送のフリーレン』いつから放送?毎週金曜23時より連続2クール. Abema Times (en xaponés). Consultado o 28 de novembro de 2023.