Sørøya (saami setentrional: Sállan) é a cuarta illa máis grande de Noruega en termos de superficie, e divídese entre os municipios de Hasvik e Hammerfest. A miúdo dise que é "unha das máis belas" das illas de Noruega.[1]

Sørøya
Sállan
Sørøya en Noruega
Sørøya
Sørøya
Localización da illa
Situación
PaísNoruega Noruega
MarMar de Noruega, Océano Ártico
Coordenadas70°35′N 22°44′L / 70.583, -22.733Coordenadas: 70°35′N 22°44′L / 70.583, -22.733
Xeografía
Superficie811´4 km²
Longura máxima64´3 km.
Largura máxima23´3 km.
Punto máis alto659 m. Komagaksla
Demografía
CapitalHasvik
Poboación1.092 (2012)
Densidade1´35 hab./km²
Paisaxe no noroeste de Sørøya

A illa está rodeada polo mar noruegués no norte e o Sørøysundet ao sur. A través do Sørøysundet hai tres illas grandes: Stjernøya, Seiland e Kvaløya. A illa de Sørøxa non ten ningún acceso mediante pontes ou túnel, soamente unha ruta regular de transbordador desde Hasvik a Øksfjord no continente. O Aeroporto de Hasvik atópase no extremo sur da illa.

Historia editar

O 15 de febreiro de 1945, 525 civís noruegueses foron evacuados de Sørøxa por catro destructores da Royal Navy e levados a un sitio seguro en Escocia a través de Murmansk na Unión Soviética. A operación de rescate foi denominada Operation Open Door. [Máis adiante] en febreiro e marzo a loita entre voluntarios noruegueses e soldados alemáns resultou en seis noruegueses mortos e catorce capturados, mentres que entre 30 e 100 soldados alemáns resultaron mortos.

Na segunda guerra mundial, un grupo guerrilleiro operou na illa.[2]

Poboación editar

En 2012 a poboación era de 1092 habitantes.

Notas editar

  1. Store norske leksikon. "Sørøya" (en Norwegian). Consultado o 2013-01-10. 
  2. Norske tenåringssoldater kjempet mot tyskerne [Norwegian teenage soldiers fought against the Germans]; nrk.no

Véxase tamén editar