Séforis

Séforis. Antiga cidade de Galilea. Hoxe unha pequena poboación ao pé dunhas importantes ruínas romanas onde aínda se aprecia o teatro. Tivo a súa orixe nun establecemento militar asirio. Foi tomada polos Macabeos no ano 104 antes de Cristo. Foi ocupada por Herodes no ano 37 antes de Cristo e chegou a ser a grande cidade do país, foco de cultura helenística no período de dominación romana. Tivo unha independencia nominal baixo o protectorado da provincia romana de Siria. Ao pouco da morte de Herodes, protagonizou unha rebelión contra os romanos duramente castigada. Na primeira guerra xudía abriu as portas aos exércitos romanos. No ano 635 foi ocupada polos árabes e en 1948 pasou a formar parte do novo estado de Israel.

Seforis floor